8/13/2009

A POESÍA


Que poesía e minoritario son palabras estreitamente vinculadas é algo tan repetido que xa se converteu en tópico. A xente do común pensa que a poesía está dirixida a unha elite de elixidos, que é cousa de intelectuais. Esta concepción plenamente asumida pola sociedade percíbese tamén entre a rapazada: os alumnos, pouco afeitos á lectura en xeral, cando teñen que ler un poema e tratar de explicalo reaccionan instintivamente pechándose á súa comprensión. Logo comproban cando o len por segunda vez en voz alta que é posible saber o que quere dicir, aínda que se lles resista algún que outro verso máis ou menos hermético. Que é, pois, o que sucede? Que non están afeitos a ler poesía e que a ven como algo alleo ao seu mundo. E iso nótase mesmo non pudor que lles produce, especialmente aos rapaces, ler en alto un poema.

Cando se lles conta que a poesía foi o primeiro xénero literario da humanidade, que os poetas recitaban nas prazas dos pobos para todo o mundo e que a xente analfabeta coñecía centos de poemas de memoria, quedan asombrados.

E algún ata comenta que escoitou a algún poeta novo recitar os seus textos nun pub ou nun café, acompañado tamén por algún músico como na lonxana I. Media.