Mostrar mensagens com a etiqueta lingua. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta lingua. Mostrar todas as mensagens

10/24/2010

O GALEGO É O NOSO MEDIO NATURAL

7/26/2009

A VOLTAS COA LINGUA


Dun tempo a esta parte a lingua galega é unha das noticias estrela dos xornais, mais non por motivos académicos ou sociolóxicos senón porque está a ser utilizada como frontón.
Manuel Rivas, unha das persoas que con máis vehemencia e agudeza mental se ten preocupado do tema nas páxinas dos xornais, fai unha denuncia desta situación no artigo titulado A Neolingua en Neogalicia, aparecido no xornal El País do 25 de xullo.
Se queredes ler o texto premede sobre a imaxe para ampliala.

7/19/2009

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

7/4/2009
Ante a situación de desamparo que está a vivir o galego, todos os cidadáns responsables temos a obriga de unir as nosas voces para evitar que o silencio acabe sendo o único que poidamos escoitar. A nosa adhesión, pois, ao manifesto promovido por Antón Baamonde e Manuel Bragado que reproducimos a continuación:

PREME NA IMAXE PARA AMPLIALA


"Estima non se alcanza
cun vil xemido brando
[...]
mais cun rumor xigante
[...]."
Pondal dixit

GALLAECIA

6/27/2009
GALLAECIA, o "finis terrae" do continente europeo, é un país atlántico de 29.575 qm.2 de extensión. A imaxe máis tópica remítenos a unha paisaxe granítica de suaves e verdes relevos, con temperaturas moderadas e abondosas choivas. Non obstante, Galicia é un país de contrastes: as máximas altitudes atopámolas nas serras orientais que a separan da meseta de Castela, e as zonas máis baixas no litoral, onde os vales fluviais foron inundados polo mar dando orixe as denominadas "rias". E o mesmo podemos dicir das temperaturas, moito máis extremas no interior que na costa.
Rosalía de Castro en Cantares Gallegos descríbenola con estas palabras:
"Lagos, cascadas, torrentes, veigas floridas, vales, montañas, ceos azuis e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos, anque sempre fermosos como os tan alabados de Suíza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e ademiran pola súa xigantesca e xorda cólera...mares inmensos...Que direi máis? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres, de salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes e os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardín onde se respiran aromas puros, frescura e poesía..."


PREME NA IMAXE PARA VELA MÁIS AMPLIADA

O galego é a lingua propia do país, unha lingua románica que evolucionou a partir do latín, con trazos peculiares da linguas indíxenas prerromanas e tamén dos pobos invasores posteriores as romanos, especialmente xermánicos.Os conquistadores romanos da Gallaecia procedían fundamentalmente da Betica, sur da península ibérica, un dos territorios máis culturizados do imperio romano, polo que trouxeron un latín coidado que calou lenta e fondamente. Esta circunstancia, unida ao afastamento xeográfico deste territorio e ás peculiaridades antes mancionadas, farán do galego unha das linguas románicas máis conservadoras, é dicir, unha das linguas románicas máis próximas ao latín.