Mostrar mensagens com a etiqueta música. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta música. Mostrar todas as mensagens

6/08/2010

O MAR MAIOR

11/26/2009

ANIVERSARIO DE JOSE BALDOMIR


Este músico galego nacido na Coruña no 1867 creou o cánon da melodía galega e foi o compositor de Rosalía de Castro, aínda que tamén musicou poemas doutros aoutores. Profesor de música e compositor dirixiu os orfeóns El Eco y El Brigantino e divulgou por distintas cidades de España, Portugal e Franza as melodías que compuxo.

Baldomir é recoñecido sobre todo como autor de melodías para canto e piano entre as que destacan Meus Amores, sobre un poema de Salvador Golpe; Como foi?, sobre o poema de Curros Ai! dedicado á morte do seu fillo, A un batido, Quérome ire ou Maio Longo, do que Carlos Núñez faría a súa propia versión, sobre poemas de Rosalía de Castro. Baldomir compuxo tamén unha ópera baseada na lenda narrada por Curros n'A Virxe do Cristal, sobre unha adaptación de Ramón Cabanillas, que non se chegou a representar.
E como investigador colaborou con outros musicólogos na recollida de temas folclóricos.

7/28/2009

Xeometrías máxicas de Galicia

"Desde o máis fondo da historia de Galicia xurden estas formas ancestrais, misteriosas, sagradas, máxicas... que se proxectan no tempo ata os nosos días, formando parte dun importante legado que nos fala de nós mesmos a través destas fermosas e enigmáticas xeometrías".

Así presenta a editorial Ir Indo Xeometrías máxicas de Galicia, un libro de Bieito Romero, o fundador de Luar na Lubre, no que recompila centos de imaxes de distintos lugares de Galicia coa intención de amosar o patrimonio simbólico que posuímos dende tempo inmemorial, e denunciar tamén o deterioro que está a sufrir co paso dos anos sen que ninguén faga nada por porlle remedio.

No vídeo que tedes a continuación podedes ver unha parte do seu traballo envolto nos sons dunha das súas pezas titulada O Son do Ar.