12/16/2009

NOVOS DICIONARIOS DE GALEGO

A lingua galega está de noraboa. Acaban de saír dous dicionarios moi especiais: Un deles recolle palabras do pasado e outro palabras do futuro. Trátase de Dicionario do Verbo dos canteiros, que publica a editorial Ir Indo, elaborado polo antropólogo oriúndo de Bearíz, Antonio Gulías, que recolle o patrimonio oral que foi sobrevivindo de xeración en xeración milagrosamente dende a I. Media, e que , segundo palabras do autor constitúe "unha homenaxe á xente da pedra". O outro dicionario recolle as palabras que atopamos na rede, 4000 vocábulos que intentan "dar alma galega a conceptos de carácter universal", como di o secretario da RAG Manuel Glez. Este dicionario podemos atopalo en http://www.digatic.aetg.org/. Para que o galego non perda onda nas novas tecnoloxías.

0 comentarios: