10/24/2010
10/20/2010
LIBROS DE LECTURA 2010- 2011
Libros de lectura 1º ESO:
1ª Avaliación: Campo, Marica: E Xoel aprendeu a voar, Ed. Obradoiro.
2ª Avaliación: Raimóndez, María: Usha, Ed. Xerais.
3ª Avaliación: Rivas, Manuel: Bala perdida, Ed. Obradoiro.
Libros de lectura 2º ESO:
1ª Avaliación: Méndez Ferrín, Xosé Luís: Arnoia, Arnoia, Ed. Xerais.
2º Avaliación: Nöstlinger Christine: Intercambio cun inglés, Ed. Oxford.
3º Avaliación: Rivadulla Corcón, X. H.: A balada de Roi Nemiña, Ed. Planeta-Oxford.
* En cada avaliación darase unha lista de libros para que poidades ler voluntariamente
Libros de lectura 3º ESO:
1ªAvaliación: R. Castelao, A.: Os vellos non deben de namorarase, Ed. Galaxia.
Casalderrey, Fina: Asústate, Merche!, Ed. Xerais.
2ª Avaliación: Miranda, Xosé: Morning Star, Ed. Xerais,
3ªAvaliación: Fernández Paz, Agustín: Corredores de sombra, Ed. Xerais,
Libros de lectura 4º ESO:
1ª Avaliación: Dieste, Rafael: A fiestra valdeira, Ed. Galaxia.
2ª Avaliación: Cunqueiro, Alvaro: Merlín e familia, Ed. Galaxia.
3ª Avaliación: Blanco-Amor, E.: A Esmorga, Ed. Galaxia.
Libros de lectura 1º BAC:
1ªAvaliación: Murado, M.A.: O soño da febre, Ed. Galaxia.
2ª Avaliación: Rivas, Manuel, Todo é silencio, Ed. Xerais.
3ª Avaliación: Antoloxía poética.
Novela por determinar.
Libros de lectura 2ºBAC:
1ªAvaliación:
G. Reigosa, Carlos: Intramundi, Ed.Xerais. // Villar, Domingos: Ollos de auga, Ed. Galaxia.
Ferreiro, C. Emilio: Longa noite de pedra, Ed. Galaxia.
2ª Avaliación:
Cunqueiro, A.: Don Hamlet, Ed. Galaxia.
3ª Avaliación:
VV.AA:: Materia Prima, Antoloxía de relatos, Ed. Xerais.
Publicado por Unknown en 12:18 0 comentarios
6/20/2010
6/08/2010
6/01/2010
CENTENARIO DE LUÍS SEOANE
A Guerra Civil obrigouno a tomar o camiño do exilio no ano 1937, e regresou de novo ao punto de partida, a cidade de Buenos Aires, lugar que acabaría sendo case definitivamente a súa casa, aínda que nas últimas décadas da súa vida alternou estancias nesta cidade con outras máis ou menos longas na cidade da Coruña, onde morreu no ano 1979.
L. Seoane foi un dinamizador cultural nato volcado na cultura galega: revistas como Galicia Libre ou Galicia Emigrante, a imprenta Resol en Santiago de Compostela con Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada ou o Laboratorio de Formas de Galicia con Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos, son algunhas das empresas nas que estivo implicado.
A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane é un dos máis grandes artistas plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra pictórica, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. Nela reflicte o amor a Galicia e a ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.
Mais Seoane, en contacto constante con escritores de diferentes nacionalidades, entra tamén no eido da literatura e publica catro poemarios Fardel d'eisiliado, Na brétema, Sant-Iago, As cicatrices e A maior abondamento, tres obras de teatro A soldadeira, O irlandés astrólogo e Esquema de farsa, que non chega a ver representadas, e algúns textos narrativos e ensaísticos nos que agroman sen cesar as súas preocupacións sociopolíticas, histórico-culturais e artísticas.
A biblioteca lémbrao hoxe con este texto de Na brétema, Sant-Iago no que se ensamblan as súas facetas de artista gráfico e escritor:
Oración do artista que volta
Queremos cos ósos da nosa testa
crocar na túa testa de pedra,
Mestre Mateo.
Andamos polo mundo con medo.
Aínda temos medo.
Medo a todo.
Coma ti, Mestre Mateo,
quixeramos perder ese medo
aos homes, aos deuses, ás cousas,
a todo o que non sabemos.
Solicitar perdón pola nosa obra
non sabemos a quen.
Quizais
aos deuses, aos homes, ás cousas.
Desde moi lonxe vimos camiñando
para atopar cos ollos
esta terra nosa.
Túa e nosa, Mestre Mateo.
Pra dar coa nosa testa de ósos
na túa testa de pedra,
e dicir a esta terra:
"Témoste levado sempre connosco
ao través do mar e do deserto
entre homes cobizosos e vagabundos,
temendo perdernos.
Agora que estamos sós e é tarde
vimos desde moi lonxe,
desde as sombras,
como tantos outros viñeron antes
a ofrecerche unicamente,
terra:
A nosa morte.
Amén".
Non perdades a exposición LUÍS SEOANE. LA CONFIGURACIÓN DE LO POSIBLE que estará aberta na sé da FUNDACIÓN LUÍS SEOANE da Coruña ata o 4 de xullo.
Publicado por Unknown en 22:05 0 comentarios
Etiquetas: autores, efemérides, libros
5/17/2010
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Publicado por Unknown en 21:03 0 comentarios
Etiquetas: autores, literatura
3/11/2010
RECORDANDO A CURROS
Publicado por Unknown en 15:12 0 comentarios
Etiquetas: literatura, poesía, vídeos