7/19/2009

O Día das Letras Galegas 2010 estará dedicado a Novoneyra


6/28/2009
A RAG elixiu ao poeta Uxío Noveneyra para celebrar o Día das Letras Galegas do 2010, cando se cumpren os 10 anos da súa morte.
Novoneyra, que pertenceu á denominada xeración dos 50 ou das Festas Minervais, deuse a coñecer no 1955 coa publicación do seu libro de poemas Os Eidos, que o converteu no representante da lírica paisaxística do seu tempo, de longa tradición na literatura galega. Esta circunstancia motivou que pasase a un segundo plano a súa poesía de temática social, de carácter político e reivindicativo, na que acadou grandes acertos, como poderedes comprobar no texto que vos deixamos a continuación na voz do propio poeta:

0 comentarios: